dimecres, 20 d’abril del 2011

A MEMORIA E O ESQUECEMENTO. O FRANQUISMO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. DE GONZALO AMOEDO LÓPEZ.





"..Tamén se trataba de facer forza para que a tan cacarexada Lei da Memoria fose finalmente unha suma de enredos semánticos que non convenceron a case ninguén, agás a aqueles que, a conta do seu apoio, sacaron algún tipo de tallada económica ou profesional."

"Algúns rebelámonos contra desta situación da única forma que podemos: aplicando o coñecido teorema de que ao que non quere unha cunca hai que darlle sete. Por iso se me deu por investigar e facer públicos os nomes dos que sempre estiveron na boca de todos e ninguén se atrevía a nomear por medo. Ao principio, resulta un axioma inapelable, os vencidos non poden escribir a súa historia. O pasado é escrito inmediatamente polos que gañan as guerras. Pero no noso caso xa é tempo de reescribilo dende a perspectiva dos vencidos, engarzando aquel tempo co tempo presente."

"É preciso afondar nas pescudas e saber quen compuxeron o exército de represores na provincia de Pontevedra. Tamén no resto do Estado. A Falanxe Española e os falanxistas, de camisa vella e nova, por suposto, pero non só os falanxistas, senón tamén os católicos ultramontanos que entendían a relixión da mesma forma que a entenden os musulmáns radicais que tanto criticamos hoxe, os requetés que procuraban a volta aos vellos tempos do carlismo, os vellos cedistas, os jonsistas e os membros de Renovación Española. Tamén os señoritos de caste alta que se miraban ameazados nos seus intereses, participaron naquela maldita pero Santa Compaña que ía ciscando mortos polos lugares nos que se movía, unha interminable maldita e Santa Compaña que deixou descabezado ao país, sen máis guieiro que o medo, un medo que conformou un xeito de pacto social pola base, mentres existía outro pacto, este non do medo senón do interese, nas elites."

"... O paso da ditadura á democracia non supuxo ningunha convulsión e, por tanto, a moitos foilles doado o aggiornamento a procura dun disfrace. A sombra de Franco ennegreceu a transición e os homes de Franco a perpetuaron.
De todas formas, o principal asunto neste tema non é desenmascarar a aquel club de piratas que vestía de azul maón, levaba estandartes con cruces gammadas, xugos e frechas e erguía tesos os brazos. Os tempos cambian e os piratas reconvértense e incluso invaden lugares onde en aparencia non deberan de estar. Agora hai corsarios democráticos, que levan patente de corso democrática e incluso estenden certificados de boa conduta democrática, eles, os que proceden daquel tempo e son netos de quen xa mandaban. Actualmente, o substituto daquel fascismo preséntase baixo capas máis amables, pero está aí, aínda que non queiramos ollalo. Unha chea de fenómenos ameazantes evidencian o rexurdir dun novo fascismo que nunca se foi, e que non é tan evidente como o vello: as garderías, as escolas, as familias autoritarias, as cadeas, os cuarteis, os hospitais, os manicomios, os medios de (des)comunicación e incluso os hipermercados son utilizados polo Poder para modelar á xente a súa conveniencia. Ese é, ao meu modo de ver, o actual fascismo, que neste país, especialmente, segue anelado a unha superficial capa de verniz católico, que moitos políticos de aldea, consciente ou inconscientemente, aínda exhiben nas procesións."

Aquest llibre encara que situat a la província de Pontevedra és un llibre d'un contingut aplicable i extrapolable a tota la repressió feixista de l'Estat espanyol durant la dictadura franquista, perquè la implantació del terror i de l'extermini va seguir un mateix model. Uns la van patir primer a les zones on va triomfar el cop d'estat feixista sense opció de defensar la legalitat democràtica, com en aquest cas, constituint l'assaig de tota  la barbàrie colpista al servei de l'extermini salvatge de l'opositor. 

És un llibre molt valent on el seu autor ha explicat sense embuts aquelles veritats sabudes i callades per tant de temps, treien a la llum la història oculta en un acte de justícia i compromís amb les víctimes, amb la veritat i amb la rigorositat del bon investigador. "A memoria o o esquecemento", o tots els noms dels culpables, un llibre a llegir, un exemple a seguir.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada